Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

GALARDÓN CHAIRMAN’S AWARD A TOMÓVIL – CUEVAS

8 Xuño, 2011

O noso concesionario Tomóvil, concesionario de Ford en Vigo, Ourense e Carballiño, recibiu o prestixioso premio Chairman’s award 2010.
O pasado día 8 de Xuño de 2011 fixo a entrega do mesmo o presidente de Ford España-Iberia, José Manuel Machado e recolleuno José Ramón Outón, xerente de Tomóvil-Cuevas.
Este premio dase por toda Europa ós mellores concesionarios de cada país e basease nun ranking de puntos que os clientes lle dan a través dunha enquisa de satisfacción, a cantidad de vehículos vendidos e a rentabilidade de cada concesionario.
Trátase do premio máis prestixioso que otorga Ford Europa os seus concesionarios de todo o continente.
A Voz de Galicia

Faro de Vigo

AS OTRI UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS VISITAN A CENTRAL DO GRUPO CUEVAS

1 Xuño, 2011

Unha representación de profesionais das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) de diferentes universidades españolas, acompañados por Anxos López, responsable da OTRI da Universidade de Vigo e pola vicerreitora
de Investigación e Transferencia do Campus de Ourense, Victoria Jato, visitaron a plataforma loxística do Grupo Cuevas no Polígono Industrial El 21.
A visita enmárcase dentro da intensa colaboración entre a Universidade de Vigo e o grupo empresarial, consolidada a través do Grupo Cuevas, que propiciou xa frutíferos resultados a través das investigacións que se desenvolveron nos distintos ámbitos relacionados coa alimentación e coa loxística principalmente.
Con esta cátedra o Grupo Cuevas reafirma a súa aposta decidida pola Universidade de Vigo e o compromiso firme coa investigación e a súa transferencia; a chamada terceira misión da universidade permite o intercambio e a mellora das prestacións coas que o ámbito académico e a empresa contribúen ao sector da alimentación.
Os expertos puideron coñecer, de primeira man, o funcionamento dun dos ERP líderes do sector da distribución alimentaria: o ERP Microsoft Dynamics Ax, implantado polo Grupo Cuevas en 2004.
Outro dos aspectos que suscitou máis interese durante o recorrido polas instalacións foi o sistema de xestión por voz (3l voice), implantado tamén en 2004, que converteu ao Grupo Cuevas na sexta empresa europea en dotar a súa plataforma loxística deste sistema.
Ver fotografías

GRUPO CUEVAS COA COLABORACIÓN DO INORDE CREA UN NOVO FORO ESTABLE

31 Maio, 2011

Grupo Cuevas estableceu unha alianza có INORDE para crear un Foro estable que permita saber cómo se ve Ourense dende fora, cómo se coñecen e valoran os seus produtos máis destacados e cal é a imaxe que perciben líderes de opinión nacionais e internacionais.
O primeiro ciclo comezará o próximo día 31 de maio ás 20:00 horas no Liceo de Ourense e terá como protagonista a Pepe Ribagorda, un dos máis importantes na escena informativa nacional dos fins de semana, a castaña, un dos produtos máis identificados no mundo con Ourense, a alimentación, a gastronomía e a nova cociña.
Intervirán destacados nomes da información e a cultura española, e representantes da cociña ó máis alto nivel mundial, que darán a súa visión sobre os produtos ourensáns e sobre a castaña en particular.
Ver anuncio

Reportaxe suplemento VIDA

AS CHAQUETAS DE MONCHO BORRAJO NOS AQUIÉ DO GRUPO CUEVAS

11 Maio, 2011

Ata o día 6 de xuño, en Aquié, pódense ver algúns dos exclusivos e sorprendentes traxes cos que actuou Moncho Borrajo, recoñecido entre os máis grandes do espectáculo en España.
Trátase dunha pequenísima mostra que anticipa o admirable contido do museo monográfico situado na estación da súa localidade natal, Baños de Molgas, que se abrirá ao público moi pronto.
O museo, magnificamente restaurado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), mostrará o valioso legado dos seus 40 anos nos escenarios, dos recordos persoais, das testemuñas e das imaxes históricas dun dos ourensáns máis célebres de todos os tempos.
Ver fotografías