Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

FORD ESPAÑA PARTICIPA NO RALLYE ECOLÓXICO DE GALICIA”

19 Setembro, 2011

Para Ford, a sustentabilidade e a máxima eficiencia dos seus produtos forma parte da estratexia da marca a nivel global. Ademais, a competición automobilística é parte inherente da historia de Ford desde os seus inicios. É por iso que non podía faltar nun evento como este que combina ambalas dúas fórmulas.
Regularidade e consumo eficiente primaron sobre a velocidade nesta proba desenvolvida na provincia de Ourense durante os días 17 e 18 de setembro.
O gañador de regularidade foi o equipo de Ford España de Miguel Anxo Romeu e Sonia Pérez, cun Ford Festa TDCi 1.4. O triunfo máis rifado fraguouse no apartado das emisións tóxicas que comezou dominada por Antonio González e Luís De La Fuente do equipo Ford España, aínda que, na xornada do sábado, o piloto de Fórmula 2 José Luís Abadín e o seu navegante Chelís Gómez, nun Ibiza E-Ecomotive, levantáronse ao primeiro posto.
En suma, unha entretida disputa, na cal as firmas automobilísticas aproveitaron para contrastar a eficiencia dos seus vehículos nunha carreira empresarial que cada vez se está centrando máis nas novas alternativas en canto a combustión.
Máis información

OS CICLISTAS GALEGOS MÁIS RÁPIDOS… DA HISTORIA

11 Xullo, 2011

Dende a pasada semana e ata o próximo día 9, nos supermercados Aquié pódese ver unha mostra representativa dos ciclistas galegos máis coñecidos: Óscar Pereiro, Álvaro Pino, Iván Raña, Gonzalo Aguiar, Pablo Rodríguez, Marcos Serrano, Delio Fernández…
En Aquié poderás examinar as bicicletas que levaron a estos ciclistas ós títulos máis prestixiosos do mundo, así como os trofeos que o confirman, maillots, diplomas olímpicos, fotografías… Non o podes perder.
Ver fotografías

O GRUPO CUEVAS CRECE UN 8,3%, CONSOLIDA EMPREGO E ACTIVA UN PLAN DE INVESTIMENTO

29 Xuño, 2011

En plena crise global, e nun escenario de caída do consumo e da debilitación do mercado laboral, o Grupo Cuevas mantivo a senda do crecemento económico e estabilizou os niveis de emprego dos últimos anos.
A cifra de negocio do Grupo Cuevas rexistrou en 2010 un incremento del 8,3%, ao situarse en 83,94 millóns de euros. Esta evolución das ventas axustouse ás previsións que se anunciaron hai un ano. A suba en valores absolutos foi de 6,4 millóns. No mesmo exercicio, o cash-flow rexistrou un aumento do 17,3%, ata 1,67 millóns.
La Región

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

O GRUPO CUEVAS LANZA UNHA NOVA E COMPETITIVA FRANQUÍA GALEGA

Plenus Supermercados é o novo modelo de franquía que desenvolveu o Grupo Cuevas e que pretende despregar polas catro provincias galegas, cun calendario de aperturas que xa dará comezo no segundo semestre deste ano. A finais de 2011, a cadea galega de supermercados con esta franquía estará operativa con oito establecementos.
En 2012, ten previsto alcanzar a vintena de locais, xa que o plan de negocio considera un mínimo de 12 aperturas durante ese exercicio. Con esta dimensión, o investimento total a finais do próximo año estará por encima dos catro millóns de euros.
La Región

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

ARTUR YUSTE, PADRIÑO DA PROMOCIÓN 2011 DE EMPRESARIAIS

10 Xuño, 2011

O Grupo Cuevas, que desde 1867 ten como un dos seus principios fundamentais apostar pola innovación e polo coñecemento, mantén un estreito vínculo coa Universidade de Vigo que deu un paso máis o pasado 10 de xuño ao ser elixido Artur Yuste como padriño dos egrexios das distintas titulacións da Facultade de Empresariais do Campus de Ourense.
Máis de duascentas persoas tituladas, da licenciatura en Administración e Dirección de Empresas, da diplomatura en Ciencias Empresariais, da diplomatura en Turismo e do grao en Administración e Dirección de Empresas, acudiron ao acto de graduación que se celebrou no Auditorio de Ourense. O dito acto contou, ademais, coa asistencia do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria,a decana da Facultade de Empresarias, entre outras autoridades académicas e civís.
O director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste, no seu discurso recordou o papel fundamental dos pais, así como tamén a larga carreira que lles queda por facer os titulados:
“…Ustedes (padres, fundamentalmente, y familia en general) quiero que sean los destinatarios de mi primer mensaje. Porque ustedes han creado el espacio y la dimensión precisa para que este título adquiera el valor que tiene; todo el valor que durante estos últimos años han deseado que tuviera, y para lo que no repararon en esfuerzos y desvelos. Es legítima su alegría, se la han ganado, y sobre todo pienso en lo tranquilos que se habrán quedado al comprobar que sus hijos lo han conseguido…”
“Como padrino entiendo que alguna responsabilidad me corresponde y la contraigo con orgullo. Pero también me siento en la obligación de recomendaros que "no perdáis nunca de vista que el título que recibís hoy no es más que una certificación que acredita que habéis sido formados y estáis capacitados para seguir aprendiendo durante el resto de vuestras vidas"”