De confianza e de toda a vida

Grupo Cuevas pon ao teu servizo a súa experiencia no sector da distribución alimentaria tamén baixo o formato franquía.

Son as nosas tendas Spar Express ubicadas por toda Galicia. Apostamos polo comercio de proximidade e pola dinamización do rural para que a túa compra sexa máis cómoda e familiar. Cremos firmemente en que hai un xeito diferente de facer a compra e que un trato amable e personalizado unido a un excelente produto e prezo, fan de Spar Express máis que un supermercado, un lugar de encontro.

SPAR, a nosa marca branca en exclusiva para Galicia

Pomos a disposición dos nosos clientes, cada día, máis de 1.800 referencias de produto da marca Spar. E facémolo en exclusiva para toda Galicia.

Grazas ao noso acordo con Spar Española, toda a rede de supermercados do Grupo Cuevas dispón hoxe de referencias desta marca de prestixio e excelente relación calidade-prezo en produtos de alimentación seca; conservas de peixe e de carne, e pratos preparados; refrixerados, lácteos e pratos cociñados; conservas vexetais, froitas e encurtidos; leite, batidos e ovos; conxelados; mascotas…; e a familia de perfumaría e drogaría baixo a marca “Sensations”.

¿Soñas con ter o teu propio negocio?

Con máis de 12.000 tendas en 45 países e máis de 13 millóns de clientes cada día, SPAR é a primeira marca de supermercados de venda polo miúdo independentes no ámbito mundial. En España leva case 60 anos axudando ao pequeno comerciante a aumentar as vendas e maximizar a súa rendibilidade. Supermercados de confianza e de toda a vida. Establecementos de proximidade que apostan pola calidade ao mellor prezo.

É esta estratexia a que queres para o teu negocio? Se queres ter unha franquía de Spar, Grupo Cuevas xestiona a marca en exclusiva para Galicia.

INTERÉSACHE? CONTACTA CONNOSCO

Envía a túa consulta a franquicia@grupocuevas.com ou chámanos ao 988 211 013.