EXPOSICIÓN DE ENTROIDO EN AQUIÉ
21 febrero, 2014
Os supermercados Aquié chegaron á capital de Galicia. O grupo ourensán Cuevas abriu recentemente un novo centro na esquina de República Arxentina e Hórreo, ocupando unha superficie duns mil metros cadrados. O supermercado Aquié ofrece unha serie de "acenos" aos seus clientes a través de exposicións temáticas que loitan contra o tedio de facer a compra. Para abrir refacho en Santiago, dende hoxe e ata o 14 de marzo, Aquié móstranos algúns dos traxes tradicionais galegos de entroido. Desta forma, nos corredores do súper os clientes poderán atopar, entre outros, traxes de Peliqueiros de Laza, Troteiros de Bande, Pantallas de Xinzo, Felos de Maceda etc.
Ver imaxe