CUEVAS & CÍA MARRON GLACÉ ESTARÁ NUNHA NOVA EDICIÓN DA ISM DE COLONIA
18 enero, 2018
Cuevas & Cía Marron Glacé asistirá a unha nova edición da ISM de Colonia, a maior feira especializada do mundo en doces e aperitivos, que terá lugar do 28 ao 31 de xaneiro. A ISM, que se celebra unha vez ao ano en Alemaña, convértese no máis grande escaparate de propostas da familia dos doces e aperitivos, así como a presentación de novos artigos para picar.
Dirixida a un público especialista e profesional, formado esencialmente por compradores por xunto, debátense as posibles aplicacións dos produtos e as perspectivas do sector.
A ISM, que nesta edición se presenta baixo o lema “O futuro e o corazón dos doces e snacks”, considérase a plataforma internacional de negocios e de comunicación máis importante do sector. É un punto de encontro para que pequenos e grandes provedores establezan relacións comerciais con empresas multinacionais e investidores de todo o mundo.
A oferta da feira complétase coa celebración de diferentes eventos e foros, como o “New Product Showcase”, para novos produtos; ou o “Innova Market Insights”, de tendencias; ademais de entregar os “ISM Awards”, cos que se valoran os méritos extraordinarios da industria do sector.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 40.000 visitantes e 1.500 expositores.
Web ISM