Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

CUEVAS & CÍA ESTARÁ EN ALIMENTARIA

11 abril, 2018

A próxima semana, Cuevas & Cía participará nunha nova edición do Salón Internacional de Alimentación, Bebidas & Food Service “Alimentaria” que se celebra en Barcelona entre o 16 e o 19 de abril. Cuevas & Cía achegará un pouco máis o Marron Glacé, a nosa Alma de Bosque, ao mercado internacional cunha localización exclusiva dentro do espazo habilitado pola Consellaría do Medio Rural na feira (Pavillón 2, caseta C342).
Alimentaria é un evento internacional de referencia para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e food service. Unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector.
Este ano reestrutura a súa oferta en base a novos eixos e tendencias de consumo para incrementar as opcións de participación das empresas expositoras e multiplicar as oportunidades de negocio.
Esta feira internacional potencia os seus valores únicos e diferenciais: a internacionalización, innovación, gastronomía e especialización sectorial. A feira ofrecerá tamén unha atractiva oferta en base aos mercados chave da industria alimentaria e as súas tendencias de consumo.
Na súa edición anterior, a feira contou con máis de 3.000 expositores procedentes de todo o mundo.