CONCURSO GOURMET GRUPO CUEVAS EN XANTAR
15 octubre, 2022
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no “X Concurso Gourmet Grupo Cuevas”!
Un ano máis poñemos en marcha, en colaboración con EXPOURENSE, un dos concursos culinarios máis esperados de XANTAR, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará do 9 ao 13 de novembro en Ourense.
O X Concurso Gourmet GRUPO CUEVAS virará ao redor das máximas que construíron a identidade de Grupo Cuevas ao longo da súa historia: a innovación e a experiencia, a modernidade e a tradición, o emprendemento e a solidez. O obxectivo do concurso é promover a cociña autóctona con especial atención a un produto tan noso como é a castaña e a través dos produtos gourmet e das materias primas galegas de calidade, transformándoas en pratos tradicionais ou innovadores e que, dalgunha forma, recollan esta dualidade.
Como en edicións anteriores, hai tres categorías de participación: profesional, semiprofesional e afeccionado; e pódese facer de forma individual ou en grupo (cun máximo de 3 participantes). Iso si, hai un par de requisitos que as receitas participantes deben cumprir: a utilización imprescindible de produtos de Cuevas y Cía na elaboración da receita e, como mínimo, dun produto gourmet de orixe galega.
Tes xa algunha receita en mente? O prazo para enviala finaliza o 25 de outubro ás 13:00h!
Ver imaxe
Consulta bases legais