Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

COMPRAR NAS TENDAS DE GRUPO CUEVAS TEN COMO PREMIO UN COCHE

7 febrero, 2018

No concesionario Tomóvil que o Grupo Cuevas ten en Ourense entregouse esta mañá o gran premio das promocións que se desenvolveron para conmemorar o 150 aniversario da compañía: un coche modelo Ford Ka+. Os gañadores dos 150 carros de alimentación sorteados xa recibiron tamén os seus premios, consistentes en compras gratuítas, ata un valor máximo de 150 euros, tanto no ámbito de supermercado como de cash & carry e en toda a comunidade galega. Na relación de premiados, destacan os clientes das tendas ourensás do grupo (36%), seguidos dos compradores en tendas de Pontevedra (33%) e en centros de Lugo e A Coruña (31%).
O gañador do coche é Miguel Álvarez Yurrita, propietario, xunto cun socio, dun establecemento de hostalaría en Vigo, e cliente do Cuevas Cash da mesma cidade desde hai varios anos.
Para Artur Yuste, director xeral da compañía, esta campaña “foi o mellor modo de premiar a fidelidade das familias que confían en nós”. Tamén destaca que “a emoción e a innovación” que se significaron como os eixos da longa traxectoria do Grupo Cuevas configuraron tamén todos os actos do 150 Aniversario, e, de forma particular, a campaña que premiou a fidelización dos clientes nas catro provincias galegas: “Os Novos e Centenarios de Cuevas quixemos mostrar as nosas sensibilidades sociais, as nosas conviccións empresariais e o noso compromiso e aposta polo lugar no que vivimos”.
Coa entrega destes premios, o Grupo Cuevas pecha os actos conmemorativos e promocionais do 150 aniversario, que ocuparon gran parte do ano 2016, todo o ano 2017 e o principio deste 2018.
Ver imaxe