Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AS OTRI UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS VISITAN A CENTRAL DO GRUPO CUEVAS

1 junio, 2011

Unha representación de profesionais das Oficinas de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) de diferentes universidades españolas, acompañados por Anxos López, responsable da OTRI da Universidade de Vigo e pola vicerreitora
de Investigación e Transferencia do Campus de Ourense, Victoria Jato, visitaron a plataforma loxística do Grupo Cuevas no Polígono Industrial El 21.
A visita enmárcase dentro da intensa colaboración entre a Universidade de Vigo e o grupo empresarial, consolidada a través do Grupo Cuevas, que propiciou xa frutíferos resultados a través das investigacións que se desenvolveron nos distintos ámbitos relacionados coa alimentación e coa loxística principalmente.
Con esta cátedra o Grupo Cuevas reafirma a súa aposta decidida pola Universidade de Vigo e o compromiso firme coa investigación e a súa transferencia; a chamada terceira misión da universidade permite o intercambio e a mellora das prestacións coas que o ámbito académico e a empresa contribúen ao sector da alimentación.
Os expertos puideron coñecer, de primeira man, o funcionamento dun dos ERP líderes do sector da distribución alimentaria: o ERP Microsoft Dynamics Ax, implantado polo Grupo Cuevas en 2004.
Outro dos aspectos que suscitou máis interese durante o recorrido polas instalacións foi o sistema de xestión por voz (3l voice), implantado tamén en 2004, que converteu ao Grupo Cuevas na sexta empresa europea en dotar a súa plataforma loxística deste sistema.
Ver fotografías