Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

AS CHAQUETAS DE MONCHO BORRAJO NOS AQUIÉ DO GRUPO CUEVAS

11 mayo, 2011

Ata o día 6 de xuño, en Aquié, pódense ver algúns dos exclusivos e sorprendentes traxes cos que actuou Moncho Borrajo, recoñecido entre os máis grandes do espectáculo en España.
Trátase dunha pequenísima mostra que anticipa o admirable contido do museo monográfico situado na estación da súa localidade natal, Baños de Molgas, que se abrirá ao público moi pronto.
O museo, magnificamente restaurado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), mostrará o valioso legado dos seus 40 anos nos escenarios, dos recordos persoais, das testemuñas e das imaxes históricas dun dos ourensáns máis célebres de todos os tempos.
Ver fotografías