Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

“A TARDE” (RADIO GALEGA) VISITANOS EN XANTAR

3 febrero, 2012

“A Tarde” emite un programa especial desde a feira de Xantar en Ourense. Cristina García entrevista a Francisco Gayoso, xerente de Ruta Jacobea, sobre as calidades dos pratos preparados para os supermercados Aquié. Mentres, Alberto Rivero, en directo desde a caseta, fala con María Castro, responsable de mercadotecnia de Grupo Cuevas para retrasmitir a preparación dun deses pratos: Plátano flambeado con chocolate.
Durante a xornada de hoxe, os visitantes de Xantar puideron ver en directo a preparación de varios pratos e puideron degustalo nas súas dúas modalidades: o prato recentemente preparado e o mesmo prato envasado.
No menú de hoxe: pementos de piquillo recheos de allo porro con salsa de queixo, guiso de sepia con patacas, brocheta de solombo con salsa de cogomelos e plátano flambeado con chocolate.
Oír programa