Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

OS SUPERMERCADOS AQUIÉ RENÓVANSE

2 febrero, 2022

Tras a reinauguración nesta semana do noso supermercado Aquié Hórreo en Santiago de Compostela, culminamos o proceso de renovación da nosa liña de supermercados Aquié, que contan con puntos de venda en Ourense, na rúa Doutor Fleming e na localidade pontevedresa do Porriño, na rúa Pinar. Foi un mes de xaneiro intenso, e no que os nosos equipos mobilizáronse para dar forma a todas as novas melloras que os nosos clientes xa poden gozar.
Agora, en Aquié as seccións de frescos contan con máis espazo con especial mención á Panadería que agora conta cunha completa variedade de produtos recentemente enfornados e un moble dedicado integramente a este produto. En Aquié Fleming tamén se ampliou a illa central de frutería para ofrecer máis produto e situalo de tal forma que resulte máis cómodo para o cliente.
Seguimos combinando a nosa esencia, como cando nacemos, e na que combinamos innovación, tecnoloxía, coñecemento, deseño, espazos acolledores e opcións sorprendentes, para facilitar a compra diaria a quen confía en nós para a súa compra diaria.
Tamén se implantou a etiqueta dixital en todas as seccións, máis ecolóxicas e máis sinxelas de verificar. Incorporamos o uso de PDA´ s a nivel interno que axilizará moito máis a xestión de tenda, acurtando os tempos dedicados ao cambio de prezos, e deixando máis espazo ao que realmente é importante: estar preto do que os nosos clientes necesitan. Outra das incorporacións tecnolóxicas en Aquié son os novos puntos dixitais para sacar a quenda nas seccións de frescos. Actualizáronse as pantallas de contidos para ofrecer, de forma continuada, toda a información, compromisos, consellos e vantaxes de Aquié e tamén as ofertas e promocións destinadas a facer unha cesta da compra máis saudable e con produtos de tempada.
No noso afán por eliminar a rutina e facer da compra un momento agradable, tamén se renovou toda a decoración perimetral da tenda, con novos deseños, murais e mensaxes que chegan ata o propio escaparate da tenda nos que agora atoparemos os dez compromisos explícitos que Aquié asume cos clientes.
Na liña de caixa mantívose o concepto de cola única e incorporáronse novos equipos táctiles que permitirán que as persoas que desenvolven o seu traballo nestes postos poidan atender cara a cara aos clientes. Ademais, colocáronse visores específicos orientados cara ao cliente desde onde poderán ir vendo importes, descrición de produtos, os cupóns aplicados, etc.
Non esquecemos nesta batería de melloras a eficiencia enerxética que adquiriron estes centros coa instalación de mobles de conxelado e de refrixerado que contan con portas, o que axuda a reducir o consumo de enerxía e así mesmo, o impacto ao medioambiente.
Ver nova panadería