Noticias

Noticias y actualidad del Grupo Cuevas

Archivos

FORD ESPAÑA PARTICIPA NO RALLYE ECOLÓXICO DE GALICIA”

19 septiembre, 2011

Para Ford, a sustentabilidade e a máxima eficiencia dos seus produtos forma parte da estratexia da marca a nivel global. Ademais, a competición automobilística é parte inherente da historia de Ford desde os seus inicios. É por iso que non podía faltar nun evento como este que combina ambalas dúas fórmulas.
Regularidade e consumo eficiente primaron sobre a velocidade nesta proba desenvolvida na provincia de Ourense durante os días 17 e 18 de setembro.
O gañador de regularidade foi o equipo de Ford España de Miguel Anxo Romeu e Sonia Pérez, cun Ford Festa TDCi 1.4. O triunfo máis rifado fraguouse no apartado das emisións tóxicas que comezou dominada por Antonio González e Luís De La Fuente do equipo Ford España, aínda que, na xornada do sábado, o piloto de Fórmula 2 José Luís Abadín e o seu navegante Chelís Gómez, nun Ibiza E-Ecomotive, levantáronse ao primeiro posto.
En suma, unha entretida disputa, na cal as firmas automobilísticas aproveitaron para contrastar a eficiencia dos seus vehículos nunha carreira empresarial que cada vez se está centrando máis nas novas alternativas en canto a combustión.
Máis información